Benvida a REDMADRE Galicia
“Esta lei ten por obxecto (…) garantir e preservar o dereito da muller xestante a culminar o seu embarazo, a ser apoiada socialmente nesa decisión, a ser informada dese dereito e dos mecanismos de apoio dispostos no séu favor (…)”. Lei pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, 22 de xuño 2010.
¿Estás embarazada?
O embarazo é un proceso natural, é saúde para a muller.
Se aínda estás nas primeiras semanas, estás nunha fase de adaptación, tanto a nivel físico como psicolóxico, e é normal que esteamos moi sensibles emocionalmente, con dúbidas e medos. Este proceso pode durar semanas, ata que as hormonas se estabilizan. En condicións normais, a partir da oitava semana adoita volver a calma e o benestar.
É posible que as túas circunstancias non sexan as óptimas.
Quizais che preguntes qué axudas á maternidade públicas e privadas hai na nosa Comunidade Autónoma.
Quizais che preguntes se poderás continuar cos teus estudos ou poderías perder o teu traballo.
Quizais teñas poucos recursos ou non contes co apoio da túa parella e familia.
Ou quizais só queiras alguén con quen compartir a túa ledicia.
Podes contar connosco. Somos un grupo de mulleres que coñecemos as ledicias e as dificultades da maternidade. Moitas de nós tamén pasamos por circunstancias como as túas. As mulleres entendemos de solidariedade, e apoiámonos unhas a outras.
Benvida a REDMADRE.
Nunca estarás soa.






