QUE É REDMADRE GALICIA
É un conxunto de Asociacions, sen ánimo de lucro, constituidas no 2008 e 2009, para a creación dunha rede solidaria de apoio á muller embarazada, no ámbito territorial da comunidade galega.
Naceu como iniciativa dun grupo de mulleres de idades e formación moi variada, destinada a crear unha rede de recursos coordinados, orientada a facilitar a maternidade da aquelas mulleres que por mor do seu embarazo están en risco social (pérdida do seu traballo ou estudos, abandono da parella e da familia) ou están en situación de vulnerabilidade (inmigración, emancipación precoz, falta de recursos, …).
No traballo diario ao achegármonos ás mulleres que demandaban a nosa axuda, vimos que a nosa tarefa tiña como principal obxectivo apoiar e acompañar á muller, independentemente da súa orixe ou extracción social, na súa loita por sacar adiante ós seus fillos e non perder oportunidades de medrar no ámbito persoal e profesional.







